Preto de 300 persoas participarán en Ribeira na VI Andaina en favor de AGAPREM

RIBEIRA> Preto de 300 persoas daranse cita na andaina en favor de AGAPREM que se celebrará en Ribeira o domingo 12 de outubro. O obxectivo desta proba solidaria é dar visibilidade á prematuridade.

Por sexto consecutivo, a asociación das Amas de Casa de Ribeira aunará deporte e solidariade na andaina en favor de AGAPREM. A andaina partirá ás dez e media da mañá dende a praza do concello para percorrer un itinerario sinxelo e accesible, duns 4 quilómetros, ata Ameixida.

O obxectivo deste evento é visibilizar os problemas de saúde que pode levar aparellada a prematuridade que actualmente é a principal causa de mortalidade por debaixo dos 5 anos.

Os interesados en participar poden inscribirse a través da asociación das Amas de Casa, tanto de xeito presencial como no enderezo amasdecasaderibeira@gmail.com ou no teléfono 653 333 124.

O donativo é libre e todo o recadado será destinado a AGAPREM. Os 200 primeiros inscritos recibirán unha camiseta e ó remate da andaina haberá un sorteo de agasallo.