RIBEIRA> Pola súa banda, Juan Luís Furones, o único edil do PBBI que non asinou o documento, explicou os motivos que lle levaron a manterse firme no pacto de goberno asinado hai algo máis de dous anos.
Dende o primeiro momento en que o partido lle comunicou a presentación da moción de censura, non a modo de consulta senón xa como un feito, Juan Luís Furones desmarcouse por completo desta decisión.
Non asinou o documento presentado por rexistro nin o apoiará no pleno do próximo 13 de outubro posto que non ve motivo para a ruptura dun goberno que ó longo destes dous anos amosou capacidade de diálogo para chegar a acordos.
No que respecta ás coaccións denunciadas onte polo BNG, Juan Luís Furones confirma as presións ás que se viron sometidos varios edís da formación independente.











