As II Xornadas Deportivas de Jealsa amosan o potencial de Boiro nos deportes náuticos
Éxito de participación nas Xornadas Deportivas de Jealsa que celebraron este pasado xoves a súa segunda edición. Na iniciativa, dedicada este ano ós deportes náuticos, colaboran o Club de Remo Cabo de Cruz, a Escola Náutico Deportiva de Boiro e o Club de Piragüismo Rías Baixas, sacando á rúa os seus equipos.
Un incendio no garaxe causa importantes danos nunha vivenda dos Areeiros
Un incendio rexistrado nun garaxe causou importantes danos nunha vivenda situada no lugar dos Areeiros, en Ribeira. Ademais das perdas materias, tres dos ocupantes do inmoble tiveron que ser trasladados ó Hospital do Barbanza por inhalación de fume aínda que o seu estado non revestía gravidade e xa foron dados de alta.
Seguen as concentracións en Ribeira pola falla de médicos
Unha semana máis, coma cada xoves, nova concentración da Plataforma en Defensa Sanidade Pública do Barbanza ás portas do centro de saúde de Ribeira. Na mobilización desta mañá participaron máis de medio cento de veciños que reclaman a cobertura total das prazas de médico neste ambulatorio.
Chega a Ribeira unha nova edición do Festival ‘Salsa na Rúa’
Chega a Ribeira unha nova edición do Festival ‘Salsa na Rúa’. A actividade, organizada pola Asociación Cultural e Recreativa Haveira e a escola El Tomasón, terá lugar os días 29 e 30 deste mes de agosto. A cita reunirá a máis de 130 bailaríns.
González Formoso destaca o carácter inversor da Deputación en Porto do Son
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional ó concello de Porto do Son. Durante a visita destacou o investimento realizado polo organismo provincial neste municipio que acada os 16 millóns de euros nesta última década.
Este sábado arranca a campaña ‘Boiro, Compras con Corazón’ da ABE
Este sábado arranca a campaña da Asociación Boirense de Empresas: ‘Boiro, compras con corazón’. Segundo informaron dende a propia patronal trátase da campaña máis ambiciosa da súa historia. Prolongarase durante unha semana, ata o 23 de agosto, e nela combinaranse actividades de dinamización comercial e programación cultural.
O novo goberno noiés dá a coñecer o reparto das áreas municipais
O novo goberno do Noia, conformado polo PSOE e A Marea, deu a coñecer o reparto das áreas municipais. Os socialistas, ademais da Alcaldía encargaranse dun total de 11 departamentos entre os que se inclúen Urbanismo, Relacións Institucionais e Promoción Económica. A Marea levará 10. á primeira Tenencia de Alcaldía, sumaránselle tamén Facenda, Mar ou Cultura.
Prospera a moción de censura en Noia e Francisco Pérez é elixido alcalde
Tal e como estaba previsto, trunfou a moción de censura en Noia e o socialista Francisco Pérez foi investido esta mañá coma novo alcalde. Para a súa elección o novo rexedor contou cos apoios de 9 dos 17 edís que conforman a corporación municipal: Partido Socialista, Marea, BNG e o edil non adscrito. Luís Alamancos.
Porto do Son repite éxito coa Festa do Polbo
Porto do Son celebrou esta pasada fin de semana a 31 edición da Festa do Polbo. Durante dous días, sábado e domingo, a vila converteuse en lugar de peregrinación para os amantes do cefalópodo.
O PP noiés defende a súa xestión á fronte do goberno a escasos días...
O PP de Noia saíu esta mañá ós medios para defender a súa xestión estes anos á fronte da alcaldía, a apenas dous días da moción de censura. Aínda que a aceptan, como parte das regras do xogo democrático, consideran a moción como oportunista, que para saír adiante se vale do apoio dun transfuga. O luns con toda probabilidade pasarán a oposición, anunciando que seguirán facendo o seu traballo por e para os veciños de Noia.


















