RIBEIRA> Os cursos de cociña e de comercio da asociación AMBAR chegaron á súa fin cun balance moi positivo. Os alumnos recolleron esta mañá os diplomas acreditativos da súa formación que ten por obxectivo facilitar a súa inclusión sociolaboral.
Un total de18 alumnos participantes nas formacións de Operacións Básicas de Cociña e catering e Actividades de xestión, venda e promoción no comercio’ recollían os seus diplomas. trátase de dúas actividades formativas desenvolvidas pola asociación AMBAR en colaboración coa Fundación Once a través do seu programa ‘Inserta Emprego. O obxectivo destes cursos é favorecer a inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional, dándolle as ferramentas de acceso ó mercado laboral.
Ademais dos contidos teóricos, os alumnos realizaron prácticas en diversas empresas da comarca. Os seus responsables quixeron acompañalos neste acto de entrega de diplomas en sinal de apoio e recoñecemento ó gran traballo desenvolvido ó longo destes meses.











