O presidente da Deputación e o alcalde de Noia repasan os investimentos provinciais no municipio

NOIA> O presidente da Deputación da Coruña desprazouse esta mañá ata Noia na súa primeira visita institucional ó concello trala toma de posesión do novo goberno. Alí, tivo ocasión de visitar as novas instalacións da asociación A Creba así como as obras de mellora no cruce de Barro.

Primeira visita institucional do presidente da Deputación ó concello de Noia tralo relevo no goberno presidido agora polo socialista Francisco Pérez. os dous mandatarios mantiveron en encontro de traballo no que analizaron os investimentos provinciais do municipio, moitos deles con cargo ó Plan úNico do que Noia recibe anualmente preto dun millón de euros.

Durante a súa visita, Valentín González tivo ocasión de visitar algúns dos proxectos que se están a desenvolver no municipio noiés como a construción da nove sede da asociación de Saúde Metal A Creba ou as obras no cruce de Barro.

Posteriormente desprazáronse ata o cruce de Barro para supervisar o avance das obras financiadas con cargo ó Plan Único da Deputación.