RIBEIRA> A Unidade de Condutas Aditivas de Ribeira está a detectar nos últimos meses o incremento de casos de adición sen consumo de substancias. Dende o concello, organizan diversos cursos formativos de prevención para dotar ós mozos das ferramentas axeitadas para o manexo da IA e demais e o bo emprego das novas tecnoloxías.
As novas tecnoloxías, a pesar das moitas vantaxes que supoñen, abriron a porta tamén a novas adicións. Así o constatan dende a Unidade de Condutas Aditivas de Ribeira onde están a detectar un incremento de casos, especialmente entre adolescentes. A diferenza das adicións con consumo de substancias, as relacionadas coa tecnoloxía son máis difíciles de detectar.
De aí, a importancia de seguir apostando polos programas de prevención que desenvolve esta unidade en colaboración coa concellería de Novas Tecnoloxías para promover a formación no manexo das novas tecnoloxías que minimicen o risco de adiccións.











