RIBEIRA> Á espera de avanzar na tramitación da ampliación do polígono, o concello de Ribeira está a acometer melloras no actual parque empresarial de Xarás. Ademais da pavimentación da do acceso ó punto limpo procederase á instalación dunha nova rede de pluviais.
Os operarios da empresa Canarga S.L iniciaron estes días os traballos para instalar unha nova rede de pluviais nos accesos ó matadoiro e ó punto limpo de Xarás. O concello de Ribeira destina 120 mil euros a esta actuación, moi necesaria dado o mal estado en que se atopaba o aglomerado tanto da vía como do estacionamento público.
Ademais da instalación da nova canalización, o proxecto contempla tamén a construción dunha cuneta no pé do noiro existente, o saneo da zona máis deteriorada e a pavimentación cunha capa de mestura bistuminosa de 6 centímetros de espesor que corrixirá as numerosas fochancas que supoñen un risco para a seguridade e o estado dos vehículos.
Os traballos, xa en execución, prolongaranse ó longo de todo o mes de outubro.











