Presentan en Noia unha nova edición do Torneo de Baloncesto 3×3

Noia prepárase para acoller unha das citas deportivas máis destacadas do verán, o Torneo de Baloncesto 3x3 que organiza o CB Noia. a cita presentada esta mañá no Concello, desenvolverase a fin de semana do 16 e 17 de agosto. Agárdase unha alta participación, con máis de 50 equipos de categorías U-12, U16, Senior e veteranos.

Fin de semana de compras en Noia coa Feira Pop Up

Esta mañá inaugurábase na alameda noiesa a feira Pop UP. A iniciativa comercial organizada pola asociación Noia Histórica en colaboración co Concello prolongarase ata o domingo. Nela participan un total de trece establecementos comerciais da vila, ofrecendo importantes descontos de roupa e calzado.

Arranca na Pobra unha nova edición de ‘Comercio á Rúa’

Mañá venres arranca na Pobra unha nova edición de ‘Comercio á Rúa’. A iniciativa comercial desenvolverase durante toda a fin  de semana na praza do Emigrante. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos e servizos á rúa. Tamén haberá actividades de animación.

A Festa do Polbo concentrará a atención das citas gastronómicas en Barbanza

Porto do Son prepárase para un dos seus días grandes, en canto a festas gastronómicas. A explanada portuaria acollerá esta fin de semana unha nova edición da Festa do Polbo. Todo un referente para os amantes do bo comer.

A Xunta leva a cabo novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña

A Xunta leva a cabo novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña, en Porto do Son. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou os traballos que se están a desenvolver actualmente, que contan cun investimento duns 18 mil euros.

Falece un condutor en Boiro tras precipitarse co seu coche ó río Coroño

Falece un condutor en Boiro tras precipitarse co seu coche ó río Coroño. O suceso producíase ó redor das tres e media da mañá na ponte de Runs. Á súa chegada, os equipos de emerxencia tan só puideron certificar a súa morte. Tiña 35 anos e era veciño da localidade pontevedresa de Arbo, aínda que dende hai algún tempo residía en Boiro.

A patronal ribeirense urxe ó Concello a axilizar a compra dos terreos do futuro...

A patronal ribeirense segue no seu empeño de levar adiante o novo polígono empresarial co fin de dar resposta á elevada demanda de chan industrial da localidade. O presidente da entidade, Francisco Martínez, insiste na necesidade de que o Concello cumpra co acordado e adquira dunha vez os terreos pendentes para levar a cabo a dita actuación.

Rianxo enxalza ao mexillón

Pero a comarca do Barbanza foi tamén mexillón, coa celebración da catorce edición da Festa de Exaltación do Mexillón de Rianxo. A cita foi de novo un éxito, superando tódalas expectativas da organización, a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo, repartíndose unhas catro mil racións deste bivalvo. Off A carpa instalada no Campo de Arriba quedouse pequena para dar acubillo ás numerosas persoas que se achegaron a Rianxo para asistir á Festa do Exaltación do Mexillón. A cita gastronómica, organiza pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, resultou todo un éxito. --inserto Repartíronse unhas catro mil racións de mexillón preparadas de distintas maneiras, aínda que ó vapor, ó xeito tradicional, foi unha vez máis a que trunfou entre os asistentes. --insertos Entre as autoridades presentas na festa, tamén se atopaba a conselleira do mar, Marta Villaverde, que non quixo faltar a esta cita gastronómica, apoiando ó importante sector mexilloeiro da localidade e por extensión ó da comarca, cunha base moi sólida na economía local. Pero o verdadeiramente importante é que ademais de ser unha cita gastronómica de interese turístico, a festa ten tamén outro importante obxectivo, e ese non é outro que recadar fondos para o Club de Remo da localidade.

Ribeira despide as súas festas de verán coa tradicional procesión marítima

Ribeira despediu onte domingo as súas festas de verán despois de cinco días de celebracións. O acto central dos festexos na fin de semana foi a tradicional procesión na honra da Virxe do Carme, que tivo lugar o sábado pola tarde, e á que asistiron centos de persoas, entre elas, a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Rianxo instará á Xunta a cubrir as necesidades de persoal docente nos centros educativos

O concello de Rianxo instará á Xunta a cubrir tódalas necesidades educativas que veñen demandando as ANPAS e equipos directivos dos centros do municipio. A corporación aprobou por unanimidade esta proposta debatida nun pleno extraordinario demandando polo grupo socialista.

REDES SOCIAIS

40,737FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete