BOIRO> A Conselleira do Mar coñeceu esta mañá en Boiro o proxecto do centro de día de AGADEA. A actuación conta cunha axuda de 200 mil euros xestionada polo GALP Ría de Arousa posto que combina os fins sociais coa posta en valor do patrimonio marítimo.
A Conselleira do Mar desprazouse esta mañá ata Boiro para coñecer o proxecto ‘Una Mar de Saúde’ promovido por AGADEA. Consiste na rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Praia Xardín para convertelas nun centro de día dotado ademais de seis unidades convivenciais.
O proxecto cun orzamento total de 750 mil euros conta cunha achega de 200 mil euros xestionada a través do GALP Ría de Arousa posto que combinará os fins sociais coa posta en valor da cultura mariñeira con actividades complementarias que van dende rutas interpretativas, visitas a lonxas ou degustación de produtos do mar, entre outros.
O proxecto conta tamén coa colaboración do concello de Boiro que cedeu as instalacións das antigas vivendas dos mestres que están a ser acondicionadas, todas con fins sociais.











