Ribeira acolle a súa primeira residencia artística con ‘Heroes en decembro’ que abrirá a Mostra de teatro

RIBEIRA> Mañá venres arranca en Ribeira a Mostra de Teatro cunha estrea especial. A colaboración de Ancoraxe, Vórtice Escénico e o Centro Dramático Galego levará a escena a adaptación da obra de Eva Mir, ‘Heroes en decembro’. A peza, que aborda a temática do suicidio adolescente, representarase previamente en función matinal para alumnado de Secundario e Bacharelato co concello.

Dende principios de semana, desenvólvese no auditorio de Ribeira a primeira residencia artística para a preparación e posta a punto de ‘Heroes en decembro’, a representación que abrirá a mostra de teatro mañá venres.

Trátase dunha colaboración entre as compañías Ancoraxe, Vórtica escénico e o Centro Dramático galego para levar a escena unha adaptación do texto de Eva Mir que aborda a temática do suicidio adolescente.

Antes da estrea oficial prevista para as nove e cuarto da noite, o alumnado de Secundaria e Bacharelato terá ocasión de asistir a un pase previo seguido dun coloquio sobre a temática da obra.