RIBEIRA> O concello de Ribeira amplía a súa oferta formativa en materia de Normalización Lingüística. Ademais dos cursos preparatorios para o CELGA, este ano ofertarán formación para persoas que se achegan por primeira vez ó galego.
A principal novidade da oferta de Normalización Lingüística para este curso é o programa de aproximación á lingua e a cultura galegas que comeza este mesmo luns.
Ademais deste curso de iniciación, o concello de Ribeira ofertará como en anteriores edicións, as accións formativas preparatorias para a titulación CELGA. Dará comezo o próximo martes e impartirase tamén os xoves en horario de sete a nove da tarde.
Os interesados en participan poden reservar a súa praza no departamento de Normalización Lingüística, situado no Centro Cultural Lustres Rivas.











