A alameda de Noia acolle o I Torneo de Pickleball

NOIA> Esta mañá presentábase a primeira edición do Torneo de Pickleball Concellode Noia. A actividade, organizada pola concellería de Deportes, en colaboración coa Federación Galega de...

Os veciños de Aguiño denuncian que levan dende o principio do verán cun só...

Aguiño segue en pé de guerra para lograr a cobertura das vacacións dos médicos no consultorio da parroquia. Os veciños concentrábanse esta mañá ás portas do centro de saúde para denunciar que contan tan só cun facultativo durante o verán.

Ribeira investirá 140 mil euros na pavimentación da rúa Castelao para reforzar a seguridade...

O concello de Ribeira adxudicou o proxecto de pavimentación da rúa Castelao, na parroquia de Aguiño. A obra, orzamentada en 140 mil euros, acometerase con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Ten un prazo de execución de dous meses.

Denuncian listas de agarda de ata un mes para conseguir unha cita no centro...

Tralo parón da pasada semana pola ponte festiva, a plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza retomou as mobilizacións para reclamar a incorporación de médicos no centro de saúde. Denuncian o incremento das listas de agarda en primaria polo que animan ós afectados a presentar reclamacións por escrito.

O PP insta ó goberno de Ribeira a consensuar unha nova proposta para o...

O PP de Ribeira insta ó goberno a buscar consenso para levar novamente a pleno a proposta de subvencións nominativas que non saíu adiante o pasado luns polos votos en contra dos populares e do PBBI.

A Feira de Oportunidades Viamare Stock realizará un sorteo especial no seu XX aniversario

21 establecementos participarán na Feira de Oportunidades Viamare Stock que se celebrará entre o 8 e o 10 de agosto en Ribeira. Con motivo do vixésimo aniversario deste evento, a asociación de empresarios sorteará un vale de compra de 150 euros entre tódolos clientes.

Freire considera inxustificada a moción de censura

O alcalde de Noia, o ‘popular’ Santiago Freire, asimila con resignación a moción de censura presentada polo Partido Socialista, BNG, Marea e o concelleiro transfuga, Luís Alamancos. Segundo el, esta acción que apartará ó PP e ó NOIA do goberno municipal está totalmente inxustificada, e responde unicamente a unha cuestión de oportunismo político e nunca polo ben común do Concello.

O PP esixe responsabilidades ó goberno de Ribeira tralo atraso na montaxe das atraccións

A pesar de que as atraccións das festas de Ribeira xa están instaladas, continúa a polémica ó redor do procedemento para lograr a autorización de Portos de Galicia. O PP pide explicacións ó alcalde pola presunta deixadez de funcións que obrigou a intervir tanto á oposición como a outros grupos do goberno.

A Pobra reducirá a taxa dos postos do mercado ambulantes nos meses de menor...

A corporación municipal da Pobra debaterá mañá en pleno a modificación da taxa fiscal do mercado. O novo texto introduce importantes novidades para os feirantes como o cobro por metros liñais e non cadrados ou a redución do prezo durante o primeiro e o último trimestre do ano cando se reduce a actividade.

Ribeira acolle a cuarta edición da feira alternativa Xiradiscos

Ribeira acollerá o sábado 9 da agosto a cuarta edición da Feira Xiradiscos. O evento pretende ir máis aló dun mercado de vinilos cun diverso programa de actividades complementarias que se desenvolverán durante toda a xornada na praza da Porta do Sol.

REDES SOCIAIS

40,737FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete