O concello de Ribeira ofertará visitas guiadas a Sálvora durante o mes de outubro

RIBEIRA> O concello de Ribeira ofertará visitas guiadas a Sálvora durante tódalas fins de semana de outubro. o obxectivo deste programa é dar a coñecer o amplo patrimonio histórico e cultural da illa e contribuír á desestacionalización da oferta turística.

Mañá mesmo abre o prazo para reservar praza en calquera das visitas guiadas que oferta o concello de Ribeira a Sálvora durante o mes de outubro. Serán tódolos sábados e un domingo en horario de mañá con saída dende o porto ás dez e media e regreso ó redor das dúas da tarde.

As visitas serán de balde e incluirán un percorrido guiado para dar a coñecer os elementos naturais e patrimoniais que agocha a illa.

Os interesados en participar poden contactar co departamento de Medio Ambiente ou reservar presencialmente na Casa da Mocidade.