RIBEIRA> Uns 500 corredores daranse cita este sábado na Carreira Popular Santa Uxía en Ribeira. A proba disputarase este sábado na zona do Malecón e dará cabida a 15 categorías distintas.
O Malecón de Ribeira será escenario este sábado da Carreira Popular Santa Uxía, que forma parte do circuíto provincial da Deputación e do circuíto de carreiras Barbanza Arousa. Uns 500 corredores daranse cita nesta proba que engloba a un total de 15 categorías.
O circuíto absoluto contará cun percorrido de dez quilómetros con saída dende a praza de Abastos.
Os interesados en participar poden inscribirse ata este mércores nas webs de emesports ou carreirasgalegas.com. O prezo é de seis euros de sub 18 ata máster e de balde para as categorías base.











