BOIRO> Iniciadas as obras de mellora no campo de fútbol da Mina, en Boiro. Ademais da conversión a céspede artificial procederase á reforma integral das instalacións e ó acondicionamento dun aparcadoiro nunha parcela anexa.
O concello de Boiro iniciou as obras no campo de fútbol da Mina, en Lampón. A actuación suporá unha renovación integral da instalación empezando polo terreo de xogo que se dotará de céspede artificial.
O proxecto contempla a construción dunha área de aparcamento nunha parcela que vén de ser adquirida polo concello.
O importe total da obra ascende a preto de 700 mil euros confianciados pola Deputación con cargo ó POS. O prazo de execución dos traballos é de seis meses.











