O concello de Ribeira agarda rematar as obras do Club de Remo de Aguiño a finais de ano

RIBEIRA> O concello de Ribeira confía en rematar as obras da nave do club de remo de Aguiño a finais deste ano. A actuación sufriu unha demora posto que foi preciso un modificado do proxecto para afianzar os terreos. A obra supuxo un investimento de máis dun millón de euros.

Aínda que non cos prazos previstos nin ó ritmo agardado, as obras da futura nave do club de remo de Ribeira continúan. Está previsto que este mes se coloquen as pranchas laterais do edificio concluíndo a estrutura exterior.

Dende o concello lembraron as trabas con que se atopou o proxecto posto que foi preciso realizar un modificado para asegurar a base sobre a que se asenta a futura nave.

A obra contará cun investimento de máis dun millón de euros para dotar ó club de remo dunhas instalacións axeitas que permitan a práctica deportiva para un club que está a acadar moitos éxitos.