AMICOS promove a conservación dos ríos e o uso responsable da auga a través de ‘AMIRÍOS’

RIBEIRA> A exposición itinerante AMIRRÍOS chega a Ribeira. Forma parte do proxecto de AMICOS para sensibilizar sobre o coidado dos ríos e o uso responsable da auga. Ademais de actividades de sensibilización con escolares, o proxecto inclúe xornadas de eliminación de especies invasoras.

Entre os moitos proxectos de coidado e protección medioambiental que promove a asociación AMICOS figura AMIRÏOS, centrado na importancia da auga como ecosistema e medio de vida.

Esta mañá tiña lugar unha xornada de sensibilización cos escolares do CEIP de Frións que coñeceron máis sobre este proxecto a través do xogo na que participou tamén o Director de Augas de Galicia.

Ademais destas actividades de sensibilización con escolares, o proxecto inclúe xonradas de limpeza e eliminación de especies invasoras nas cauces dos ríos desenvolvidas polos axentes medioambientais de AMICOS.

Tras esta primeira parada no Malecón de Ribeira, a exposición  percorrerá diversos puntos da xeografía galega para seguir a promover o coidado dos noso ríos.