O gasto en materia de subvencións enfronta ós grupos do goberno municipal de Ribeira
O desacordo no seo do goberno municipal de Ribeira quedou patente tamén no pleno ordinario celebrado este luns. Os concelleiros do PBBI aliñáronse co PP votando en contra da proposta de modificación das bases de execución do orzamento para incrementar as axudas a entidades sociais e sen ánimo de lucro.
Comeza a instalación das atraccións de feira no recheo portuario de Ribeira
Os feirantes comezaban esta mañá a instalar as súas atraccións no recheo portuario de Ribeira. Facíano aínda á espera dun novo permiso que reducira o paso de seguridade ata os dous metros e medio.
A directora xeral de Xuventude visita o minicampamento ‘Experiencia en Corrubedo’
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá o minicampamento ‘Experiencia en Corrubedo’ que se está a desenvolver no Cámping Fraga Balada, en Porto do Son. Na actividade participan 20 nenos chegados dende diferentes localidades de toda Galicia de idades comprendidas entre os nove e os doce anos.
A navalla será a protagonista dunha nova exaltación gastronómica en Aguiño
Aínda coa resaca da festa do percebe, Aguiño prepárase para vivir outra exaltación gastronómica dun dos seus produtos máis prezados: a navalla. Será o domingo 10 de agosto na explanada do porto.
A Xunta licita as obras de conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en...
Luz verde á conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en autovía. A Xunta vén de licitar as obras por un importe de 11,2 millóns de euros. Dá resposta así a unha vella reivindicación da comarca para seguir mellorando as comunicacións con Santiago, beneficiando a unha poboación próxima ós 160 mil habitantes.
A campaña estival de doazón de sangue recala esta fin de semana en Ribeira
A campaña especial de doazón de sangue deste verán recalará en varios puntos de Ribeira esta fin de semana. Dende o concello animan ós ribeirenses a facer gala da súa solidariedade, tal e como amosaron o pasado ano cunha taxa de doazóns 9 puntos por riba da media galega.
A xouba volve a reinar en Rianxo
Rianxo acollía esta pasada fin de semana unha nova edición da Festa da Xouba. A cita, xa un referente no calendario festivo galego, congregou a milleiros de persoas que se achegaron a desfrutar deste peixe, o máis representativo desta vila mariñeira.
Éxito de público na Feira Celta de Porto do Son
A intensa calor rexistrada durante toda a ponte festiva na comarca de Muros-Noia non foi impedimento para que centos de persoas gozasen da Feira Celta de Porto do Son. Destacou o reforzo da animación de rúa e os espectáculos de gran formato.
Presentan en Noia o III Descenso a Nado Río Tambre
NOIA> O concello de Noia acolleu o acto de presentación dunha nova edición do Descenso a Nado Río Tambre.
A proba terá lugar o sábado 9...
Inminente cambio de goberno en Noia trala presentación dunha moción de censura
O cambio de goberno en Noia é inminente. O PSOE, co apoio do BNG, a Marea Cidadá e o edil non adscrito, Luís Alamancos, presentaba esta mañá unha moción de censura contra o alcalde, Santiago Freire. O pleno para arrebatarlle a alcaldía celebrarase o 11 de agosto.

















