BOIRO> Máis de mil persoas volverán camiñar contra a leucemia en Boiro. O 28 de setembro terá lugar a quinta edición da Andaina Solidaria de Jealsa que destinará os fondos recadados á fundación Stop Leucemia.
Xa son 5 as edicións nas que Jealsa, coa axudas doutros patrocinadores, puxo en marcha unha andaina solidaria para contribuír á investigación de enfermidades hematolóxicas.
A proba, que combina solidariedade e deporte, terá lugar o 28 de setembro con saída dende a praza de Galicia ás 10 da mañá.
Os fondos recadados irán destinados ó grupo de investigación da fundación Stop Leucemia en Santiago.
Os interesados en participar poden inscribirse na web emesports.com ou de xeito presencial nas oficinas de Jealsa . Tamén será posible facelo antes da proba o propio día. Dende a organización agardan superar os mil participantes.











