Máis de 500 corredores disputarán este domingo en Boiro o Trail dos Indios

BOIRO> Récord de participación no Trail dos Indos que se celebra este domingo en Boiro. Esta novena edición, que partirá do Pazo de Goiáns, contará con máis de 500 corredores.

A pesar da súa esixencia, o Trail dos Indios – Castelo de Vitres consolidouse xa como unha cita de referencia no calendario deportivo do Barbanza. Boa proba dilo é o número de participantes que nesta novena edición bateu récord chegando a 533 inscritos.

A proba sairá este domingo dende o Pazo de Goiáns cun percorrido de dificultade media-alta polo que só os máis preparados conseguirán completar os 25 quilómetros. Haberá tamén distancias de 15 e 9 quilómetros e medio e unha andaina moito menos esixente.

Inserto