O próximo martes saen á venda as entradas para o Xantar de Confraternidade da Pobra

A POBRA> A Pobra celebrará o 17 de outubro o seu tradicional Xantar de Confraternidade. A cita congregará a 750 persoas, maiores de 60 anos, no pavillón de Venecia. O prezo do menú, a cargo de Chicolino, será de 18 euros.

O próximo martes día 23 abrirá o prazo para anotarse no Xantar de Confraternidade da Pobra que se celebrará o venres 17 de outubro. Terán prioridade os empadroados no municipio.

A cita que, como en anteriores edicións, terá lugar no pavillón s de Venecia reunirá a 750 maiores que poderán disfrutar dunha xornada de reencontro. O menú contará de dous mariscos, peixe, carne e sobremesa amenizada polo grupo Trécola e Mar Davila Music.