Festas de San Breixo en Barro

    Barro celebra esta fin de semana unha das  últimas citas do calendario festivo, as Festas de San Breixo. O xoves comenzan as actividades para nenos e xóvenes, o venres, sábado e domingo a romaría será a protagonista das celebracións en honra do avogado do reuma.
    Din os máis vellos do  Concello de Barro que fai moitos anos vían xentes de todala xeografía galega para que San Breixo lles curará o reúma. A tradición do Santo milagreiro continúa no día de hoxe. A partir do xoves as inmediacións da Ermita de San Breixo convertiranse nunha autentica romaría onde non fallará o polvo, o viño novo ,  as noces e por suposto a boa música. 

    A popular Romaría é moi coñecida dentro e fora da comarca. O venres haberá unha tirada de fogos, e a actuación das orquestras Panorama e Philadelphia. O sábado a música a poñerá Gran Parada e Suavecito,  e o domingo, o día grande, haberá moito son a cargo do Grupo Musical Azucar. Ademáis os visitantes contarán este ano cun aparcamento novo, feito recentemente polo Concello de Barro.
    Pero en Barro non só atoparemos estes días música e comida. O xoves a partir das cinco da tarde haberá unha gran mostra de voluntariado na que participaran a Asociación Amarante de Pontevedra, Solidaridade Internacional de Madrid, Cruz Vermella de Pontevedra e protección civil que realizará un simulacro de rescate nun accidente.