Onte iniciábase a campaña do ourizo despois de máis dun ano parada

    iniciocampanaourizo_100_110210.jpgRIBEIRA> A pesar do mal tempo no mar, os mariscadores de Ribeira e Aguiño, conseguiron recoller na primeira xornada máis de dúas toneladas e media deste produto.

    {flowplayer}barbanza/iniciocampanaourizo.flv{/flowplayer}

    O acordo ó que chegaron as directivas das confrarías de Aguiño e Ribeira hai varias semanas permitiu, que onte se iniciará a campaña do ourizo nas súas concesións. Deste xeito poñíase fin a un conflito entre ambos pósitos que provocou a cancelación da campaña durante o pasado ano 2009. As principais discrepancias entre os dous pósitos viñan motivadas fundamentalmente polos prezos mínimos do produto, así como tamén pola súa comercialización e o número de puntos de control das capturas. Despois de varias xuntanzas, e co visto bo da Consellería do Mar, decidiuse un cupo de 50 quilos de ourizo ó día por tripulante enrolado, ata un máximo de 150 e que a especie non se vendese por debaixo dos tres euros o quilo. Aínda así os produtores aguiñeses deixárono en dous euros e medio, ó ser incapaces de conseguir un comprador que pagase esa cantidade.

    Maís de dúas toneladas e media

    No pósito de Aguiño durante a primeira xornada capturáronse ó redor duns 1600 quilos de ourizo, mentres que en Ribeira recolléronse ó redor de mil. Durante a xornada de hoxe en Aguiño as capturas diminuiron un pouco, debido a que moitos mariscadores optaron por ir ó percebe.

    Mal tempo no mar

    Aínda que a cantidade e a calidade do produto é en liñas xerais aceptable, un dos principais problemas cos que se atoparon os mariscadores á hora de captura-lo ourizo nestas primeiras xornadas de apertura da campaña foi o mal tempo. 

    Peche da campaña

    A campaña estará abeta ata finais deste mes de abril.