Ampliación Hospital do Salnés

    O novo goberno da xunta afrontará a ampliación do hospital do salnés. Así o asegurou onte o deputado autonómico do PsdeG-Psoe, Modesto Pose, no programa de TeleSalnés-Barbanza "Contrastes". O asunto xa foi elevado ó parlamento pola deputada popular marta rodríguez para que se inclúa esta actuación nos presupostos autonómicos.

    A Xunta insiste en que o anterior goberno deixou mermadas as contas da Consellería de Sanidade e sinálao como principal escollo para afrontar a ampliación do Hospital Comarcal do Salnés.

    Un argumento que non acepta o Pp. De feito a deputada autonómica Marta Rodríguez solicitou que esta actuación se teña en conta na redacción dos novos

    Este mesmo mes a Conselleira de Sanidade comprometíase en Vilagarcía a estudiar este proxecto nos presupostos do 2006.

    O compromiso foi ratificado onte no programa "Contrastes" polo deputado socialista Modesto Pose.

    Comments are closed.