As empresas galegas da cadea mar-industria fan promoción dos seus produtos na Feira Sial de París

GALICIA> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou a Feira SIAL que se está a celebrar estes días en París para mostrar o seu apoio ás empresas galegas da cadea mar-industria para apoialas na promoción dos seus produtos en novos mercados.

Durante a visita a titular de Mar anunciou que a Xunta reforzará o ano que vén a súa participación neste tipo de eventos, invertindo máis de 3 millóns de euros en accións de promoción e impulso da internacionalización das empresas do mar de Galicia.

Durante a súa estancia na Feira, Quintana tivo tempo de percorrer o stand institucional da propia Consellería no que están presentes algunha das empresas máis importantes do sector, moitas delas da nosa área de influencia, como é o caso de Rianxeira, Frinsa, Congalsa Fesba ou conservas La Brújula.

A Feira Bienal de SIAL, que chega este ano a súa 29 edición, recuperou neste 2022 a súa actividade, despois de catro anos sen celebrarse. A ela asisten profesionais da industria agroalimentaria, da distribución e da restauración a nivel mundial., coa presenza duns 7.000 expositores de más de 200 países.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí