A falta duns días para rematar a vendima a Mesa do Viño volveu a reunirse en Pontevedra para facer un seguimento dos compromisos adoptados nesta campaña. Na xuntanza destacou o bo cumprimento de todalas partes de recollida de uva e prezos de referencia da denominación de orixe rías baixas.
Tódalas partes amosaron a sua satisfacción polo bo cumprimento que dos acordos sobre recollida de todala producción de uva e do prezo de referencia acadados polo sector na Mesa do Viño. Esta mañá adegueiros e vitucultores volvían a reunirse en Pontevedra para facer unha valoración moi positiva da presente campaña.
As adegas cumpriron coa sua palabra e están recollendo case todala uva da Denominación de Orixe Rías Baixas. No tocante o prezo se mantivo arredor dun euro por kilo de uva, ainda que non hai que esquecer que este parámetro debese axustar a calidade da materia prima.