Alumnos da Escola Náutica reclaman igualdade de condicións

       RIBEIRA> Alumnos da Escola Oficial Náutico Pesqueira reclaman para o centro diversas materias necesarias para poder acceder ó título, que si se prestan noutras escolas públicas de Galicia.

    {flowplayer}barbanza/reunioncaamanhoalumnosescolanautica.flv{/flowplayer} 

    Co fin de buscarlle unha solución ó seu problema, ó parecer dende hai varios anos, un grupo de alumnos da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira mantiveron un encontro co parlamentario socialista, Francisco Caamaño, ó que lle trasladaron a súa situación.

    Os alumnos ribeirenses séntense en inferioridade de condicións a outros alumnos doutras escolas náuticas públicas de Galicia, como é o caso de Vigo ou Ferrol, Onde si se imparten as catro materias necesarias para acceder á titulación como son loita contraincendios, sanidade, bote de rescates e operador de telecomunicacións.

    Iniciativa parlamentaria

    O deputado socialista, Francisco Caamaño, comprometeuse a presentar no Parlamento unha iniciativa para tratar de solucionar este problema.

    No acto tamén tomou parte o voceiro do grupo municipal socialista, Andrés Fariña, que tamén se mostrou interesado en darlle unha solución a este problema, a través dunha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria e trasladarllo tamén á mesa local de pesca.

    Redacción Barbanza