Reunión alcaldes PP do Barbanza

    O Secretario Provincial do Partido Popular, Carlos Negreira, reuníuse esta pasada fin de semana en Ribeira con representantes do seu partido na comarca co fin de prepara-la estratexia a seguir durante o que resta de mandato da xunta. No encontro os asistentes, entre os que se atopaban varios alcaldes da zona, amosaron a súa disposiccón a esixir ó novo goberno autonómico o cumprimento dos prazos establecidos en materia de infraestruturas na comarca así como o mantemento dos proxectos xa tramitados. Os alcaldes do Partido Popular nas comarcas do Barbanza, Muros e Noia reuníronse esta pasada fin de semana en Ribeira co Secretario Provincial do partido, Carlos Negreira, nunha xornada de traballo. Durante o encontro, que se produce de xeito periódico, os populares acordaron esixirlle ó novo goberno da xunta de galicia tódolos compromisos adquiridos polo anterior executivo autonómico referentes á comarca do Barbanza e entre os que se incluían importantes proxectos como o da conversión da Vía Rápida en autovía, o porto comercial de Ribeira, a variante de Noia, a autovía de Brión ou as melloras nos centros de saúde. Pola súa banda o Secretario Provincial do Partido Popular, Carlos Negreira, indicou non entender a intención do altual goberno da Xunta de retrasar proxectos que xa están planificados, referíndose en concreto ás obras da autovía do Barbanza. Carlos Negreira sinalou ademais que os proxectos deseñados para reforma-las infraestruturas da zona e o incumprimento dos prazos poidan traer consigo a perda dos fondos comprometidos, en especial os procedentes da Unión Europea. Durante a xuntanza tamén servíu para prepara-la estratexia a seguir polos populares durante o que resta de mandato da Xunta. A súa postura será de respecto co novo goberno pero sempre realizando un exhaustivo seguimento das obras para que non queden no olvido.