Outra Pobra é posible

    O foro cidadá "outra pobra é posible", (vencellado o Bng) celebrou unha asemblea xeral para informar da convocatoria de subvencións municipais publicada no boletín oficial da provincia o pasado día 17. Os membros do foro consideran que o concello non ten facilitado información relativa ás axudas polo que pretenden facilitar información a tódalas entidades que poidan beneficiarse delas.

     

     

    A política de subvencións desenvolvida polo executivo da Pobra foi o tema de debate tratado na asemblea do foro cidadá "outra Pobra é posible". Os membros desta Asociación consideran que as axudas sociais recortáronse con respecto ó pasado ano. Así mesmo, critican a falla de información por parte do Concello na convocatoria das subvencións posto que as bases non foron aprobadas no Pleno. O prazo para a presentación de solicitudes, establecido en 20 días naturais, tampouco lles parece suficiente debido a cantidade de documentación a presentar.

    Durante a vindeira semana, o foro cidadá ten previsto presentar as protestas ante o Goberno co obxectivo de aumenta-la cantidade das axudas e os prazos para a súa solicitude e xustificación. O colectivo considera que os 2.700 euros destinados a actividades educativas e os 3.000 para axudas sociais poñen de manifesto o escaso interese do executivo pola sociedade.