Muíños reclámalle ó SERGAS a apertura do centro de saúde de Taragoña

RIANXO>  O rexedor rianxeiro pide recuperar tamén a atención presencial, criticando que o dispensario continúe a día de hoxe sen actividade a pesar da situación favorable da pandemia.

O centro de saúde de Taragoña, permanece pechado dende que se decretara o estado de alarma. O alcalde, Adolfo Muíños, entende que a consellería de Sanidade debería proceder xa a súa apertura, pois a situación a día de hoxe mellorou significativamente, así como tamén a recuperar a atención presencial.

Segundo o rexedor rianxeiro a súa apertura evitaría moitos desprazamentos, xa que os veciños desta parroquia deben desprazarse ata centro de saúde Rianxo en caso de ser necesario.

Muíños tamén que a Xunta asuma as competencias para o seu mantemento co fin de garantir un mellor estado das instalacións que, na actualidade, apenas cumpren cos mínimos requisitos para unha correcta atención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí