Ribeira secunda a folga contra os recortes educativos

    folgaleliadoura100.jpgRIBEIRA> Sucédense os actos de apoio ós estudantes agredidos en Valencia. O IES Leliadoura secundou a folga convocada polo sindicato de estudantes.

    {flowplayer}barbanza/folgaleliadoura.flv{/flowplayer}

    Ó igual que miles de centros educativos de toda España, os institutos do Barbanza uníronse á xornada de loita estudantil convocada polo Sindicato Estudantil a nivel nacional.

    Deste xeito pretenden seguir reclamando as garantías dun sistema educativo público de calidade dun xeito pacífico. A este respecto volven denunciar a dura represión policial exercida contra os estudantes do IES Lluis Vives e outros centros de Valencia por terse manifestado en contra dos recortes.

    Dimisións

    Ademais das xornadas de proteste en solidariedade con estes estudantes, dende o sindicato piden a dimisión da delegada do goberno en Valencia e do Ministro de Interior por amparar esta actuación policial que consideran propia dunha ditadura.

    Redacción Barbanza