O anuncio do Alcalde de Cambados de que non ía convoca-lo pleno sobre os vertidos provocou a resposta inmediata dos grupos que o pediran. Bng e independentes aseguran que o goberno local de cambados minte repetidamente e que o pleno se celebrará por moito que o alcalde se opoña. Os Independentes por Cambados aseguran que co Bng, co Psoe ou con quen sexa, farán un Pleno para solucionar os problemas da contaminación en Cambados. O Concelleiro Álvaro Rodríguez recorda que a sesión Xa fora pedira por eles en abril e non se convocara porque segundo o Alcalde os problemas estaban solucionados. Sen embargo hai unhas semanas o propio rexedor pediu unha nova depuradora, recoñecendo por tanto que sí hai problemas. E agora, ante a nova convocatoria dun pleno feita polos Independentes e o Bng, volve a negarse argumentando que a Concelleira Montse Prado non pode exercer como tal ó ser nomeada Delegada Provincial de Innovación. Un razoamento que os nacionalistas non admiten, xa que efectivamente Montse Prado deixará o seu cargo e será substituída por Ramón Martínez Ulloa. Por tanto os nacionalistas esperan que antes do xoves o Alcalde conteste e pídenlle que teña valor, polo menos, para convocar él mesmo o pleno extraordinario no que todos xuntos poder debater sobre o grave problema dos vertidos que sofre Cambados e buscarlle canto antes unha solución. Por outra banda tamén entrou hoxe nesta polémica o concelleiro do Bng na Mancomunidade do Salnés, Ramón Mouriño, que asegura que o problema da contaminación e dos cheiros da rede afecta a tódolos concellos e que os alcaldes do Pp miraron para outro lado en vez de enfrentarse no seu momento e evitar que fora a máis. O Bng asegura que a rede da Mancomunidade está mal planificada, mal dimensionada e mal executada e o Pp negouno para non recoñecer a falla de control que tivo a Mancomunidade cando ademais Tourís era presidente.
Inicio Salnés - Caldas