O novo capricho de Gago para esta tempada

    Cando un leva demasiado tempo na poltrona, perde a perspectica, e utiiza os impostos que pagamos todos para darse caprichos e ademáis anuncialos.   

    Acaso non sería suficiente un vehículo de gama media, tipo C5, Mondeo, Vectra, Passat, etc. etc..

    ¿Non sería mellor adicar eses cartos a outras  prioridades?

    Eso sí o cohe oficial (+/- 50.000 €) non so é para uso e disfrute de Gago, este di, que estará a disposición do resto dos edis, dos membros da oposición, dos altos funcionarios do Concello, etc. etc.. Vamos, que o coche oficial de Gago terá unha lista de espera maior que a do Hospital do Salnés.

    Toda a oposición de Vilagarcía está a anunciar o seu rexeitamento a esta medida que Gago pretende aprobar na vindeira semana.

    O  portavoz de Izquierda Unida no Concello de Vilagarcía, Xoan Fajardo, anunciou onte  que a  súa formación  oporase  a que o Alcalde, Javier Gago, disfrute de coche oficial.  Fajardo opina que «o que lle pasa a Gago é que como o deixaron sen cargo na Xunta bota de menos o coche oficial» e destaca que o momento para anunciar a adquisición do vehículo coincida coa pretensión do gobierno local de subir o IBI e a tasa de saneamento. «É unha barbaridade que suban os impostos pero que o alcalde non aprete o cinto», afirmou