VILAGARCÍA> Os estudiantes do Instituto de Carril tiveron unha mañá diferente. A Concellería de Xuventude organizou unha charla sobre educación afectivo- sexual para os rapaces de terceiro de ESO. Tratábase de ensinar os adolescentes a importancia de establecer unha relación sexual san e os riscos que corren ó non facelo así.
¿Cáles son os métodos anticonceptivos máis axeitados para nós? , ¿Podemos establecer relacións no período menstrual?, estas eran algunhas das preguntas que os rapaces de terceiro da ESO do Instituto de Carril lle puideron facer a unha experta. A concellería de Xuventude de Vilagarcía organiza estes días uns obradoiros nos centros educativos para mellorar o coñecemento que a mocidade local ten en cuestións tan importantes como as relacións sexuais ou o emprego.
A monitora explicoulles os diferentes métodos anticonceptivos que poden utilizar no momento de emprender unha relación sexual ademais de falar sobre os a importancia dos lazos afectivos entre dous amantes. Para concluír a charla os mozos fixeron un test de coñecementos e repasaron así o aprendido. O seguinte obradoiro desenvolverase o vindeiro 21 de decembro no colexio San Francisco e basearase na busca de emprego unha vez rematados os estudios.
Redacción Salnés