VILAGARCÍA> A policía local de Vilagarcía tivo que intervir nun caso de agresión no estacionamento do supermercado Día na rotonda das Carolinas a pasada noite. Todo comezou cunha discusión de tráfico na que un dos conductores dos vehículos afectados golpeou o copiloto do primeiro antes de emprender a fuxÍda.
Segundo as testemuñas dos afectados, C.O.R de 25 anos e o seu mozo J.L.O.P de 30 mantiveron unha forte discusión có conductor dun vehículo. O parecer dirixíronse ó aparcadoiro do supermercado Día na rotonda vilagarciá das Carolinas para continuar coa disputa. A rapaza, copiloto do primeiro vehículo, dispúxose a baixar deste cando o outro conductor, J.M.O.B. de 48 anos e veciño de Vilanova, lle propinou dúas labazadas nas meixelas para despois fuxir deixando o vehículo estacionado. Poucos minutos máis tarde apareceu a Policía Local e aconsellou á víctima que se achegara o centro de saúde á vista da cor vermella que presentaba a súa cara. Máis tarde presentouse na xefatura o suposto agresor quen recoñeceu o delicto xa que segundo a súa versión a víctima lle insultou gravemente. Por outra banda Vilagarcía foi protagonista por catro accidentes de circulación. O primeiro tivo lugar nas rúas Edelmiro Trillo e Padre Feijoo onde resultaron implicados un Ford KA e un Toyota Corola. O segundo produciuse na praza da Independencia. Pouco despois un Ford Festa e un Peugeut 206 protagonizaban outro choque na rúa Wenceslao Fernández Flores. Nun cuarto accidente produciuse o único ferido leve da xornada ó bater un citroen ZX e unha motocicleta.
Redacción Salnés