O BNG comarcal non apoiará os orzamentos estatais

    O BNG deciciu non apoiar os orzamentos xerais do estado 2006 a non ser que se tomen en conta as súas enmendas. A nivel comarcal, os nacionalistas consideran que é necesario un maior compromiso do goberno en temas como o vial de acceso ó porto e un maior investimento no Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

    Varias son as condicións que o responsable comarcal do BNG puña onte xunto á deputada no Congreso Olaia Fernández para aprobar os orzamentos xerais do Estado. Os nacionalistas detectan unha serie de eivas que incluirán a través de enmendas que atinxen, entre outros, ós concellos do Salnés, como é o caso do tren de alta velocidade en Galicia.