A ronda, a exposicón

    A modificación puntual número 1 do PXOM de Sanxenxo, correspondente á Avenida Aviador Piñeiro, permanece desde hoxe a exposición pública na sede da Xerencia de Urbanismo. Os interesados serán atendidos por persoal especializado para consultar a documentación e plano correspondente.

    Logo da súa aprobación inicial no pleno do pasado martes, os veciños de Sanxenxo xa poden presentar alegacións ó proxecto da Avenida Aviador Piñeiro. O anuncio, publicado hoxe no DOG, abre o periodo de exposición pública que se prolongará durante o prazo dun mes. A documentación e plano correspondente están a disposición do público interesado na Xerencia de Urbanismo. Poderán consultalos de luns a sábado polas mañás de nove a dúas.

    Persoal especializado da xerencia será o encargado de atender as demandas de información. Unha vez finalice a fase de exposición pública, o goberno local estudiará detidamente tódalas alegacións e incorporará  ó proxecto aquelas que supoñan un beneficio para o interese xeral. Estímase que este proceso de estudio dure entre 4 e 6 semanas. Unha vez incorporadas, o proxecto será remitido á Dirección Xeral de Urbanismo para que emita informe preceptivo e proceder á súa aprobación definitiva.