O Río do Con tinguiuse de laranxa en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Sorpresa desagradable a que se levaron os veciños de Vilagarcía esta mañá ao ver o Río do Con tinguido dunha cor cobriza. A pesar do susto a vertedura non é máis que arxila procedente da drenaxe do garaxe dun edificio da avenida Agustín Romero. Axentes de emerxencias confirmaron a inocuidade da vertedura.

O Río do Con de Vilagarcía lucía esta mañá unha cor alaranxada na que nin os parrulos se atrevían a bañar. A veciñanza reaccionaba con indignación ante a sospeita dunha nova vertedura. A pesar da desagradable sorpresa, a cor cobriza non foi provocada polo derrame de ningunha substancia, se non por arxila procedente dun edificio da contorna. O material acumulouse durante meses no sistema de bombeo dun bloque situado en Agustín Romero. As tarefas de limpeza do baixo drenan a auga ao río, a través do sistema de pluviais, e ao mesturarse coa arxila tinguen ao Con desta cor.

A empresa asegura que non ten culpa do acontecido, xa que a cor do río está provocada pola estancamento da auga nunha zona de abundante arxila.

Ata o lugar se achegaron os efectivos de protección civil, policía local e o Seprona que certificaron que a vertedura non era contaminante.

Finalmente o incidente quedou só nun susto xa que biodiversidade do río non corre perigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí