Feira dos conxelados: Conxemar

    Máis de cincocentos expositores reúnense esta semana en Conxemar, no recinto feiral de Vigo. Nesta sétima edición participan empresas e organismos institucionais procedentes de tódolos continentes nunha cita que xa se consolida como un dos foros de negocio máis importantes do sector a nivel internacional.

    O Instituto Feiral de Vigo acolle desde hoxe e ata o xoves a sétima edición da Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados, Conxemar. O salón bate récords este ano, con máis de medio millar de expositores e coa previsión de superar os trinta mil visitantes da edición anterior. A cita consolídase como un dos foros de negocio máis importantes do sector a nivel internacional.  

    Empresas dedicadas á transformación dos productos, á distribución e comercialización e organismos institucionais teñen os seus stands na feira, procedentes de numerosos países de tódolos continentes. A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, lembrou no acto de inauguración, que unha das prioridades do seu departamento é reivindicar ol liderato de Galicia e da ría de Vigo na industria transformadora de productos do mar. Ademais eloxiou o papel de Conxemar como punto de encontro para os empresarios, e como foro para colecer a situación do mercado nese sector.