Continúa a folga de Arriva

    Os veciños da comarca do Barbanza que desexen desprazarse a Santiago en autobús deberán seguir agardando a que se solucione o conflicto entre os traballadores e a empresa Arriva xa que a folga ten un carácter indefinido dende o pasado luns.

     

     

    Os traballadores da empresa de autobuses ARRIVA que cubre a liña da comarca do Barbanza con Santiago continúan coa folga, con carácter indefinido dende o pasado luns. O paro vén motivado polo despido de tres condutores da empresa, dous dos cales iniciaron onte unha folga de fame na estación de autobuses da Coruña e de Ferrol, respectivamente. O outro dos traballadores afectados xa chegou a un acordo económico coa empresa.

    Ademais desta medida de presión, os sindicatos convocantes da folga, CIG, CC.OO., UGT e CUT, xa acordaron novas accións de protesta entre as que figuran a convocatoria de peches nas consellerías de Traballo e de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte.

    Así mesmo, as organizacións sindicais teñen prevista a realización dunha campaña informativa para sensibilizar á poboación sobre este problema co reparto de panfletos.