A nova campaña de Rías Baixas promoverá conservas e albariño

    turismo_rias_baixas100.jpgPONTEVEDRA> ‘Ricas por Natureza’. Este é o slogan da nova campaña de Turismo Rías Baixas, que presentou esta mañá a Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_RIAS_BAIXAS7.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> ‘Ricas por Natureza’. Este é o slogan da nova campaña de Turismo Rías Baixas, que presentou esta mañá, o presidente da Deputación de Pontevedra. O márketing vaise centrar exaltación dos produtos típicos da zona.

    Conservas e albariño, son as pezas clave da nova campaña de Turismo Rías Baixas para atraer ós turistas nunha época de crise económica. O presidente provincial, destacou que o obxectivo é que Galicia e, especialmente as Rías Baixas, volvan ser o emblema do sector turístico. Para elo, colaboran na promoción ANFACO e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    Desta forma, vaise promover os produtos por excelencia da zona, e dous sectores importantes na economía galega que teñen gran influencia a nivel nacional e internacional. A campaña está destinada, especialmente, a aquelas provincias e cidades próximas ás Rías Baixas. Deste xeito, incidirase en puntos como Santiago, Oviedo, Valladolid, Salamanca, Madrid, Lisboa e O Porto, entre outros.

    Tamén se vai promover a riqueza paisaxística, a oferta de calidade en sectores de ocio e a variedade de recursos.

    Redacción Salnés