O PSOE acusa ó goberno de descualificar á oposición

    crispacionpoliticapobra_100_040809.jpgPOBRA> O PSOE da Pobra acusa ó alcalde de fomentar a crispación política por permitir ó voceiro do PP manter unha actitude insultante e prepotente.

    {flowplayer}barbanza/crispacionpoliticapobra.flv{/flowplayer}

    O último pleno do concello de A Pobra segue de actualidade, a pesar de ter transcorrido varios días dende a súa celebración. Os edís da agrupación socialista acusan ao voceiro da agrupación popular, Ricardo Lago de crispar o debate político, con descualificacións persoais e insultos, usando un tono de voz totalmente inapropiado.

    O portavoz popular, sinalaron os socialistas pobreses, mesmo chegou a cuestionar as mocións presentadas pola edil Teresa García, cualificándoas de “tonterías”.

    ‘Falta de respecto’

    Asemade, os edís socialistas lamentan a actitude do alcalde, Isaac Maceiras, ao tolerar a “falta de educación” do voceiro popular, rompendo coas “elementais normas de comportamento” que se deberían manter durante a celebración dunha sesión plenaria.

    Dende o partido socialista, engadiu Rey, non entenden a actitude do rexedor e o voceiro popular ao non respectar o traballo da oposición, que é fiscalizar a xestión do goberno e facer propostas presentando mocións.

    Pola súa banda, o rexedor, Isaac Maceiras quixo aclarar que na sesión plenaria da pasada semana non houbo insultos nin descualificacións a ningún membro da oposición, tal é como se reflicte na acta redactada polo secretario. Si admitiu que se viviron momentos de discusión pero son situacións normais cando se inicia un acalorado debate.

    Redacción Barbanza