Moreda inaugura unha exposición con imaxes inéditas da Guerra Civil

    expohermanosmayorianxo_100_260209.jpgRIANXO> A exposición titulada ‘Hermanos Mayo. A Guerra Civil Española’ permanecerá no novo auditorio rianxeiro ata o vindeiro 22 de marzo.

    {flowplayer}barbanza/expohermanosmayorianxo.flv{/flowplayer}

    A exposición que hoxe se inauguraba no novo auditorio rianxeiro é unha iniciativa da Deputación da Coruña e do Ministerio de Cultura. Está incluída dentro do Festival Olladas 2008, organizado polo organismo provincial co gallo do certamen de creación fotográfica Luis Ksado, comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato.

    Imaxes inéditas

    A mostra componse dun centenar de imaxes sobre a Guerra Civil española, na súa maioría inéditas, realizadas polos fotógrafos integrados no colectivo Hermanos Mayo que durante máis de sete décadas permaneceran nos arquivos da Biblioteca Nacional. Son fotografías en branco e negro dos combatentes da 43 división, do cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro ou mesmo da realidade social do país na época do 36.

    Ata o 22 de marzo

    A exposición ten un carácter itinerante, e antes da súa chegada a Rianxo, percorreu outros municipios da provincia. Estará exposta ó público ata o vindeiro 22 de marzo.

    Redacción Barbanza