O portavoz de Esquerda Unida de Vilagarcía, Juan Fajardo, solicita unha nova sinalización luminosa nas obras da rotonda que se está a construir no novo polígono do Pousadoiro.
Segundo advirte Fajardo, a deficiente sinalización desta obra está a provocar numerosas situacións de risco e varios accidentes durante a última fin de semana. Considera ineficaz e sumamente perigoso o modelo de sinalización previo a esta nova rotonda de acceso ó polígono.
Ademais advirte que a súa ubicación fóra da liña da actual estrada a converte nun punto negro na xa de por si perigoso acceso á autoestrada AP-9. Polo tanto insta ó goberno municipal a solicitar da empresa responsable unha nova iluminación. Tamén lle solicita ó concello que pregunta cal vai ser a situación final da rotonda e de manterse o actual, que se solicite un informe técnico sobre a súa seguridade.