Nove establecementos participan no I Concurso de Pinchos

     O GROVE> Será do 8 ó 24 de marzo. Está organizado por ActivaOgrobre e conta con Javier Olleros como padriño.

    {flowplayer}images/salnes/PtacICocursoPinchos_060313.flv{/flowplayer} 

    O recoñecido restaurante Culler de Pau acolleu esta mañá a presentación do primeiro concurso de pinchos do Grove. O evento está organizado pola empresa ActivaOgrobe e terá lugar do 8 ó 24 de marzo. Participan nove establecementos que presentarán dous pinchos cada un, a un prezo unificado de 1,5 euros.

    Con cada pincho servido entregarase un boleto para que os clientes puntúen. Tamén serán valorados por un xurado profesional. Os boletos entregados cos pinchos entrarán na urna do local e no sorteo de agasallos. Haberá regalos máis valiosos para aqueles que completen a chamada Pinchoguía, cos sellos dos nove locais participantes.

    Nesta ocasión quedouse fora o Culler de Pau. O restaurante, que ostenta unha Estrella Michelín, non nos deleitará cos seus pinchos. Si que participarán o Balcón, Taberna do Salitre, Casa Abel, A Tapería, Rúa Vella, Misturas, Almacén do Avó, Lagar da Pratería e Rincón do Norat. Tapas como sushi de ventresca, creppe de marisco, crocante de mexillón con froitas do bosque…son algunhas das propostas deste locais que ofrecerán ós clientes o mellor dos seus fogóns para poder levarse o primeiro premio deste concurso, que agora nace, pero que pretende perpetuarse no tempo.

    Redacción Salnés