O PP reitera o seu compromiso de revisar o proxecto da PO-531

    portela100_160309.jpgBARRO> O PP reformulará a mellora da PO-531 e o nó de Curro. Así o asegurou o deputado autonómico Agustín Hernández.

    {flowplayer}images/salnes/ESTRADA_CURRO_PORTELA.flv{/flowplayer}

    BARRO> A nova Xunta do PP reformulará os proxectos de mellora da PO-531 e do nó de Curro. Así o asegurou onte en Barro Agustín Hernández, recen elixido deputado autonómico pola provincia de Pontevedra.

    Agustín Hernández estivo onte en Barro en calidade de director provincial de Infraestruturas da Deputación. Participou xunto ó presidente do organismo provincial Rafael Louzán e o alcalde de Barro na inauguración das obras de remodelación e humanización da estrada Curro – Portela. A Deputación investiu nesta actuación 2,3 millóns de euros.

    Nunha primeira fase, a Deputación levou a cabo as obras de ensanche e mellora da capa de rodaxe dun tramo de 40.000 metros cadrados, asfaltando unha media de 10 metros de ancho e ensanchando a vía ata os 14 metros totais. Na fase de humanización, actuouse ó longo de 1.200 metros lineais, coa instalación de alumeado público e a dotación de abastecemento, saneamento, recollida de pluviais.

    Redacción Salnés