Máximo Corazón

maximo_corazon_trio.jpg

Durante o verán, TVSB CANAL RÍAS BAIXAS emitiu a afamada telenovela arxentina Máximo Corazón que conta unha fermosa historia de amor.

Máximo (Gabriel Corrado) é un home que se namora de Luján (Valeria Bertuccelli), a muller á que lle transplantaron o corazón da súa muller recentemente morta. 

Un mes despois do transplante, Luján comeza a experimentar sensacións novas e diferentes, que a leva á necesidade de coñecer cómo era la persoa que doou o seu corazón, e estas ganas condúcena ata Máximo.

Por accidente coñécense, pero os primeiros encontros son duros. Por un lado, ambos senten unha forte atracción, como se se coñeceran de antes. Pero á vez, ningún quere un novo compromiso. Ela está casada con Arturo López Paz (Jorge Marrale), un poderoso publicista, e considera que debe ser fiel. El, despois da perda da súa esposa, o último que quere é namorar.

Paralelamente, entra en acción Olivia (Cecilia Dopazo), filla do primeiro matrimonio de Arturo López Paz, unha rapaza atrevida, que a penas coñece a Máximo pero que se obsesiona con el, propoñéndose dende o principio conquistalo. O que para Olivia empeza coma un xogo máis, remata en amor. Un amor que Máximo non corresponde, porque o seu corazón pouco a pouco irá abríndose a Luján.

Olivia, que ten unha personalidade forte, e leva o mundo por diante, tratará de que Máximo a ame… como sexa, sen saber que a súa principal rival é a muller do seu propio pai.