Un autobús sae da vía e queda a piques de empotrarse nunha vivenda

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/02/accidenteautobusrianxo0203151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/02/accidenteautobusrianxo020315.mp4{/flowplayer} RIANXO> Susto o que se levou esta mañá unha veciña da parroquia rianxeira de Asados, ó ver como un autobús de transporte de viaxeiros que cubre a ruta Santiago-Ribeira a piques estivo de empotrarse contra a súa vivenda. Ó parecer o condutor do autocar sufriu unha indisposición, o que provocou a saída de vía, e o vehículo acabou colidindo contra o peche da casa. Por fortuna ningún dos catro ocupantes que nese momento viaxaban no autobús sufriu danos, aínda que por precaución o condutor si foi trasladado ó hospital de Santiago. O suceso producíase ó redor das once da mañá cando o autobús da empresa Arriva, que cubre diariamente a ruta Santiago-Ribeira, ó seu paso pola parroquia rianxeira de Asados, por causas aínda por determinar tivo unha saída de vía, e acabou colidindo frontalmente contra o peche dunha vivenda, quedándose a escasos centímetros da casa. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Ningunha das catro persoas, incluído o condutor, que viaxaban nese momento no autobús sufriu dano algún, aínda que este último foi trasladado en ambulancia ata o hospital clínico de Santiago. Aínda que nun primeiro momento a propietaria da vivenda non se percatou do accidente, si se levou un gran susto ó saír e ver ó autocar practicamente empotrado na súa casa. Ata o lugar do sinistro achegáronse diversos efectivos de emerxencias, entre eles unha dotación de Tráfico, Policía Local e bombeiros do Parque Comarcal de Boiro que non abandonaron o lugar ata que se produciu a retirada do vehículo e a limpeza da vía.