Polis versus Bombeiros

    Pontevedra acollerá en xuño de 2006 o Primeiro Torneo Europeo de Policías e Bombeiros Sen Fronteiras con 2.000 participantes. O evento foi presentado esta en Pontevedra coa participación do Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez.

    Pontevedra será a sede do Primeiro Torneo Europeo de Policías e Bombeiros Sen Fronteiras que se celebrará do 22 ó 25 de xuño de 2006. Neste campionato prevese unha participación de máis de 2.000 axentes de policía e bombeiros, que competirán nunha vintena de modalidades deportivas.

    En Europolyb 2006 haberá tamén modalidades deportivas en exhibición, como persecución policial, adiestramento de cans, loita grecorromana, kaiak polo e xogos populares. O torneo completarase con exposicións fotográficas e ciclos de conferencias. A organización de Europolyb 2006 recae no Grupo Deportivo da Policía Local de Pontevedra coa empresa de xestión deportiva Bombea. O Concello de Pontevedra, a Deputación e a Xunta colaboran nesta iniciativa.