A Xunta paraliza a tramitación da Lei de Acuicultura

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/27/paralizacion_lei_acuicultura_2701151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/27/paralizacion_lei_acuicultura_270115.mp4{/flowplayer} GALICIA> A Xunta de Galicia paralizará temporalmente a tramitación da Lei de Acuicultura ante o rexeitamento maioritario do sector. O anuncio, realizado polo presidente da Xunta, seguen sen convencer ós traballadores do mar que esixen a retirada do anteproxecto. O presidente da Xunta anunciou a paralización da tramitación do anteproxecto da lei de acuicultura ante a presión exercida polo sector que reclama o arquivo desta lei. Insiste o goberno en que se estudarán as demandas dos produtores co fin de que se vexan representados os seus intereses no texto normativo. Sen embargo, este alto no camiño non é suficiente para os profesionais do mar. Os mexilloeiros, que representan a principal porcentaxe de acuicultura nas rías galegas, consideran que de chegar a aprobarse esta lei ou unha similar suporía a morte do sector. A cría de especies nas rías traería aparellada nefastas consecuencias para a produción tradicional abocando á desparición das bateas, tal e como as coñecemenos. Aínda que valoran o paso da paralización do proxecto esixen a súa retirada xa que consideran que non é reformable. Avogan por elaborar unha nova lei en consenso con tódolos sectores afectados.